Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar



Inicio | Novas | Nova do 03-09-2003

A consulta de información financieira en Internet será máis sinxela gracias a unha ferramenta galega

O sistema está pensado para facilitar a búsqueda de información sobre mercados financieiros tantos ós analistas e inversores profesionais como ós usuarios non profesionais. A empresa ferrolana 3.14 Financial Contents está a desenvolver o proxecto en colaboración con grupos de investigación das universidades galegas.

03-09-2003

Trátase dun proxecto pioneiro que estará preparado para analizar todo tipo de textos electrónicos, dende xornais especializados ata comentarios dunha persoa nun foro. Deste xeito , traballando sobre textos con datos bursátiles e económicos de carácter xeral, poderase coñecer a situación do mercado nun momento preciso.

Segundo o Director de Producto de 3.14 Financial Contents, Manuel Míguez, unha das principais novidades da ferramenta será que o usuario poderá empregar a súa propia linguaxe, facendo máis sinxela a consecución de información completa e precisa sobre os mercados.

A ferramenta vai dirixida a todos aqueles que desexen ter información financieira. Estanse a desenvolver diferentes aplicacións en función do cliente final pensadas tanto para as empresas especializadas do sector como para os usuarios non profesionais que precisen consultar este tipo de información.

As expectativas comerciais da ferramenta son moi altas, xa que é un producto novedoso e punteiro a escala internacional, polo que se esta a desenvolver en castelán e en inglés. É probable que posteriormente se desenvolva noutras linguas.

A primeira versión da ferramenta, unha aplicación para profesionais, estará dispoñible a partires do próximo mes, segundo Manuel Míguez. A versión xeneralista para o usuario final estará dispoñible a finais do vindeiro ano.

Ademais da empresa 3.14 Financial Contents, no proxecto participan o grupo COLE, un equipo de investigación en Intelixencia Artificial das Universidades de A Coruña e Vigo, e o departamento de Lóxica da Universidade de Santiago. O proxecto conta na súa financiación co apoio da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.


Novas

 

[Imprimir]

[Enviar por email]

[Buscador de Novas]

[Arquivo Novas]

[Arquivo Boletíns]

 
 
 

     

Solicitar boletín | Cooperación | info@e-negociogalicia.com | Solicitar Revista | A Súa Opinión