
SANTIAGO
O Corpus de Referencia do Galego Actual pódese consultar en Internet
(la voz | santiago)

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou a
nova versión do Corga (Corpus de Referencia do Galego Actual), unha
base documental das formas ortográficas elaborada por un equipo do
Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades baixo a dirección
de Guillermo Rojo, catedrático de Lingüística da Universidade de
Santiago e membro da Real Academia Española (RAE).
Este Corpus acada preto de 20 millóns de formas trala
incorporación de seis millóns máis de texto producidos dende o ano
1975, extraídos de xornais e outras publicacións periódicas, ensaios e
literatura de ficción.
A novidade é que está nova versión do
Corga está dispoñible en Internet dende o pasado día 12, polo que os
investigadores e estudosos en lingua galega poden consultalo no
enderezo http://corpus.cirp.es/corgaxm1/ de forma gratuíta solicitando unha clave de acceso.
As buscas neste conxunto de formas ortográficas pódense facer por
palabras ou por expresións, por tipos de texto, épocas, áreas temáticas
ou calquera combinación dos parámetros anteriores.