pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:pastilla_superior:sec.ociohome
Viernes 17 de julio del 2009 Actualizado 7:20H La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

idioma O galego actual chega aos 25 millóns de formas, un 25% máis que hai dous anos

Autor:
J. G.
Fecha de publicación:
17/7/2009

O Corpus de Referencia do Galego Actual (Corga) elaborado polo Centro Ramón Piñeiro, atinxiu os 25 millóns de formas, un 25% máis que as recoñecidas no primeiro semestre do ano 2007. Ainda que as prepodiscións son al formas mais frecuentes, entre os substantivos os mais habituais no galego son «anos», «tempo», «dia» «vida», «casa» e «home».

Estes datos son o resultado da análise de textos de xornais, revistas, ensaios, novelas, relatos curtos e de teatro, entre 1975 e este mesmo ano. Son obxecto de estudo seis áreas diferentes: «Economía e política», «Cultura e artes», «Ciencias sociais», «Ciencias e tecnoloxía», «Ficción» e «Outros»; e 38 subáreas relacionadas con elas.

Para o estudo desta oferta tan alargada de formas existen diferentes ferramentas lingüísticas, e onte foron presentadas en Santiago algúns avances incluídos nesta última versión, nun acto que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o director técnico da área lingüística do Centro Ramón Piñeiro, Guillermo Rojo; e os coordinadores da parte lingüística e da parte informática do proxecto, Eva Domínguez e Mario Barcala.

Información gramatical

Segundo se salientou, entre os principais avances que incorpora esta versión están o Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (Xiada), que acrecenta información gramatical sobre as palabras e un sistema de procura por palabra moito máis avanzado; alén da lista completa de formas ortográficas diferentes presentes no Corga, xunto coa súa frecuencia e ocorrencia; e unha ferramenta que achega diversa información sobre cada palabra.

Información na Rede

Todos estes materiais, e outros relacionados con eles de interese para un mellor coñecemento da lingua galega, están dispoñíbeis no enderezo electrónico http://corpus.cipr,es/corga, e o rexistro no sistema é de graza. Agora, segundo se indicou, poden ser feitas procuras con diferentes recursos lingüísticos e informáticos que non existían antes.

Tamén se inclúen as formas máis frecuentes. As mil primeiras principian coa preposición «de», que ten 1.045.652 ocorrencias, un 4.2128% do total; e finaliza no número mil con «provincia» (2.347 ocorrencias, o 0,0095%). Entre estas mil palabras representan algo máis do 64% das formas máis utilizadas.

Nas restantes formas descende moito o número das rexistradas. Así, entre a 1.001, que é «novela» (2.345 ocorrencias, o 0,0094% do total) e a 5.000, que é «afectadas» (452 rexistros, o 0,0018%), só suman pouco máis dun 15%, ate completar o 79,6801%.

Nunha relación que se fornece de máis de 386.000 formas, desde a 213.893 («illándonos») á 386.011 («amosegadas») só se dá unha única ocorrencia rexistrada.

Recursos tecnolóxicos

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou que un dos obxectivos centrais do seu departamento é o de «potenciar o galego a través dos últimos recursos tecnolóxicos», o que supón un importante contributo para a «cultura galega en clave contemporánea», afirmou.

Tamén se manifestou a favor de «potenciar a lingua galega a través dos diferentes recursos tecnolóxicos» e ofrecer «produtos e servizos electrónico».

A aposta pola investigación e polas novas tecnoloxías representan «unha liña de actuación prioritaria da política lingüística do goberno galego», en palabras do secretario xeral. No acto estivo a súa antecesora, Marisol López, coautora de materiais que se presentaron.

 

ENVIAR NOTICIA  

idioma O galego actual chega aos 25 millóns de formas, un 25% máis que hai dous anos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
O galego actual chega aos 25 millóns de formas, un 25% máis que hai dous anos
Onte presentáronse en Santiago novas ferramentas linguísticas para o estudo do galego
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:17:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.ociohome
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.ociohome
Otros enlaces de interés:
  • Webs del grupo
    • Anuncios Clasificados
      • Tarifas web
        • Contacte con nosotros
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.